Skip to main content
Novas

Clases de español e galego para crianzas inmigrantes que chegaron xunto coas súas familias nos últimos meses a Rodeiro

By 2 Xullo, 2025No Comments

O Tenente de alcalde e responsable da área de Educación informa que dende o servizo municipal de educación e apoio familiar impulsamos clases de español e galego para crianzas inmigrantes que chegaron xunto coas súas familias nos últimos meses a Rodeiro.

Con este proxecto que se desenvolverá durante o período de vacacións escolares de verán tentamos dar continuidade á inmersión lingüística que se leva a cabo dende o centro educativo, reforzando a mesma agora que remataron as clases lectivas. O coñecemento da lingua é un piar fundamental para a integración na sociedade e para lograr os obxectivos académicos.

As clases estanse a desenvolver na biblioteca municipal 2 días á semana e cóntase coa colaboración de outros menores inmigrantes que xa dominan tanto castelán coma galego e están totalmente integrados na comunidade para axudar ás educadoras nas dinámicas propostas.