Skip to main content
Novas

Campamento de verán Rodeiro de Aventura 2025

By 17 Xuño, 2025Xullo 15th, 2025No Comments

O Concello de Rodeiro pon en marcha esta nova actividade dirixida á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación que complementa o programa xa existente pola mañá durante os meses de xullo e agosto, para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos.
Haberá diversos tipos de actividades: deportivas, musicais, na natureza… fomentando valores coma a igualdade, o respecto e o compañeirismo.

Horario: de 16:00h. a 20:00h de luns a venres non festivos nas instalacións do CPI de Rodeiro.
Ábrese prazo de inscripción dende o día 17 ao 26 de xuño.
Establécense un límite de 20 prazas por día. O criterio de selección de menores participantes será por orde de rexistro de entrada da solicitude de inscrición ata completar as prazas existentes.
Rematado o prazo de inscrición e se hai prazas libres poderanse admitir solicitudes de menores non empadroados/as.
As actividades serán gratuítas.
Aqueles menores que xa participaron en programas anteriores só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.
Para recibir máis información das condicións da actividade e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.

Solicitude Rodeiro Aventura 2025 (pdf)