Novas

Bando municipal: xestión da biomasa

By 6 Abril, 2026No Comments

O Concello de Rodeiro lembra á veciñanza  a obrigatoriedade de manter limpas as parcelas situadas nas faixas secundarias de protección contra incendios, en cumprimento da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Prazo límite: 31 de maio de cada ano

Establécese a obrigatoriedade de manter limpa unha franxa de 50 metros perimetral ao redor de:

  • Solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.
  • Edificacións destinadas a persoas e vivendas illadas.
  • Urbanizacións, depósitos de lixo, gasolineiras e cámpings.
  • Parques e instalacións industriais.

Dentro desta franxa de protección non poderá haber piñeiros, eucaliptos nin acacias, e o mato (fentos, toxos, xestas, silvas, carqueixas, entre outros) deberá estar debidamente rozado.

Desde o Concello faise un chamamento á colaboración cidadá para reducir o risco de incendios forestais e contribuír á protección das persoas, das vivendas e do medio natural.

Bando 2026 prevención incendios (pdf)

Share