No Boletín Oficial da Provincia número 38 correspondente ao día 25 de febreiro, publicouse o anuncio da convocatoria das subvencións pola realización de actividades culturais para o ano 2025 e no número 34 correspondente ao día 19 de febreiro publicouse o anuncio da convocatoria para as actividades deportivas para o ano 2025.
O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais dende o día da publicación.
As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente, de xeito electrónico a través da sede electrónica do Concello (https://rodeiro.sedelectronica.gal) utilizando o trámite “instancia xeral”, á que achegarán os formularios oficiais que se poden descargar no enlace anexo. Lembramos que se debe presentar unha solicitude individualizada por cada unha das actividades para as que se soliciten subvención, aínda que a documentación xenérica poderán presentala soamente dunha vez.
No seguinte documento explícanse os criterios complementarios á ordenanza municipal para a concesión de axudas públicas: CRITERIOS axudas culturais e deportivas(pdf)
Formulario_Actividades Culturais Deportivas 2025 (pdf)
No taboleiro da sede electrónica poderedes ver as publicacións no Boletin Oficial da Provincia: https://rodeiro.sedelectronica.gal/board