Novas

Campamento de verán Rodeiro de Aventura 2026

By 12 Xuño, 2026No Comments

Cofinanciado pola Deputación de Pontevedra

O Concello de Rodeiro pon en marcha esta actividade dirixida á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación que complementa o programa xa existente pola mañá durante os meses de xullo e agosto, para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos.

Haberá diversos tipos de actividades: deportivas, musicais, na natureza… fomentando valores coma a igualdade, o respecto e o compañeirismo. Este ano o fío condutor de todo o campamento será o mundo do xogo e os xoguetes.

Horario: de 16:00h. a 20:00h de luns a venres non festivos na primeira planta do edificio do antiguo local sindical.

Ábrese prazo de inscripción dende o día 17 ao 26 de xuño, ambos inclusive.

Establécense un límite de 20 prazas por día. O criterio de selección de menores participantes será por orde de rexistro de entrada da solicitude de inscrición ata completar as prazas existentes.

Rematado o prazo de inscrición e se hai prazas libres poderanse admitir solicitudes de menores non empadroados/as.

As actividades serán gratuítas.

Aqueles menores que xa participaron en programas anteriores só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.

Para recibir máis información das condicións da actividade e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.

Share