
Onte vivimos unha xornada moi especial no III Sabor LABREGO, compartindo tradición, produto local e o orgullo polo noso rural.
Queremos agradecer a presenza de todas as persoas, entidades e representantes institucionais que nos acompañaron e apoiaron esta iniciativa, contribuíndo a poñer en valor o traballo da nosa xente e a riqueza dos produtos da terra.
Foi un encontro cheo de sabor, cultura e convivencia, no que quedou demostrado que apoiar o local é apostar polo futuro do noso rural.
Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta festa e que seguides apostando polo auténtico sabor da nosa terra.
Un saudo, gracias!!!