Novas

Actuacións para minimizar as perdas de auga

By 6 Marzo, 2026No Comments

A entidade Augas de Galicia resolveu concederlle ao Concello de Rodeiro unha subvención ao abeiro da Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual (DOG núm. 71, 11.04.2025).

A finalidade da subvención é executar actuacións que permitan minimizar as perdas de auga no sistema de abastecemento municipal, contribuíndo ao cumprimento da normativa e dos obxectivos ambientais nun complexo escenario de cambio climático.

O importe da subvención concedida ao Concello de Rodeiro é de 44.994,04 €, dirixido a executar a actuación denominada “Mellora do depósito de abastecemento e Gurgullóns”.

As actuacións financiadas inclúen:

  • A preparación da soleira e dos paramentos interiores para a aplicación dun sistema de impermeabilización que garanta a súa estanquidade.
  • A renovación da caldeiraría e das tubaxes existentes.
  • A implantación dun sistema de telexestión.

Esta intervención forma parte do Plan de actuacións para minimizar as perdas de auga, incluído na auditoría municipal dos sistemas de abastecemento aprobada  o 30 de setembro de 2024.

Share