Skip to main content
Novas

Programa “Xuntos polo Nadal”

By 25 Novembro, 2025No Comments

A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos

Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense)para as persoas solicitantes das provincias de Pontevedra e Lugo.

Datas e servizos

Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2025 e o día 7 de xaneiro de 2026, en tres quendas diferentes, das que só se poderá elixir unha:

  • 23 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026 (16 días)
  • 23 ao 30 de decembro de 2025 (8 días)
  • 31 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026 (8 días)

 

O programa inclúe os seguintes servizos:

  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites) ou 8 días (7 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais mediante informe médico que acredite a súa necesidade.
  • Actividades de animación sociocultural. 

Persoas beneficiarias:

  1. a) Ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  2. b) Estar empadroadas nalgún concello galego.
  3. c) Vivir soas no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  4. d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou de conduta, que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

Recoméndase estar vacinado fronte a COVID-19 e a GRIPE segundo o calendario sanitario vixente.

Para a selección das persoas participantes daráselle preferencia ás persoas que:

  • Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos dous anos.
  • Teñan máis idade
  • Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.

Solicitudes: As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.

Estes impresos están á disposición das persoas interesadas na páxina web

https://politicasocial.xunta.gal/gl

Prazo e lugares de presentación de solicitudes:

Dende o día 13 ata o 26 de novembro de 2025 ( ambos incluídos)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e dirixiranse ao departamento territorial correspondente en función do ámbito territorial do solicitante.

Prezo da praza:

As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.

Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.

Documentación:

As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:

  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Deberá aportarse informe médico actualizado e detallado no caso de padecer algunha limitación, enfermidade ou condición que requira atención específica (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio ou outras medidas de adaptación). Unicamente se admitirá a solicitude de habitación individual cando un informe médico oficial, emitido por un especialista do sistema público de saúde, xustifique de forma expresa e fundamentada a necesidade por razóns médicas graves ou de risco sanitario. En ausencia da devandita acreditación, non se prestará ningún tipo de atención especial nin se asignará habitación individual.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa cómoda.

Observacións:

O abandono do programa agás por forza maior leva consigo a imposibilidade de participar en futuras edicións.