Desde o Concello de Rodeiro queremos lembrar á veciñanza a importancia de facer un uso responsable do servizo de recollida de plástico agrícola.
✅ Este servizo está destinado exclusivamente á recollida de plásticos agrícolas limpos, como os usados en silos ou invernadoiros.
Non se deben depositar residuos impropios, como:
- Big bags
- Redes
- Garrafas
- Pedras
- Restos orgánicos
Estes materiais non son reciclables a través deste servizo e dificultan o seu tratamento, xerando un impacto ambiental e económico negativo.
O servizo ten un custo de 70 €/tn, que é asumido polo Concello para facilitar a xestión sostible destes residuos e apoiar ao sector. Por iso, é fundamental que os usuarios colaboren evitando depositar materiais non permitidos, que encarecen e dificultan a súa xestión.
Os datos sobre as cantidades recollidas cada ano están dispoñibles na web oficial do Concello de Rodeiro.