No Boletín Oficial da Provincia núm. 96, correspondente ao día de hoxe 20 de maio de 2016, aparece inserto un edicto deste Concello referente á provisión do cargo de xuíz de paz titular deste municipio. Calquera persoa interesada que cumpra os requisitos legalmente establecidos poderá presentar a súa solicitude, acompañada dos documentos que se sinalan, ata o día 20 de xuño de 2016. Corresponderá ao Pleno do Concello, entre os candidatos solicitantes, efectuar a proposta de nomeamento ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Anexo: edicto BOP http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2016/05/20/2016018417