O perfil do contratante é o sitio da web do Concello de Rodeiro no que se difunde información relativa á contratación administrativa. Dende aquí poderá acceder á Plataforma de contratación pública de Galicia, con este servizo, O Concello quere asegurar a transparencia e o acceso público na actividade contractual dunha maneira clara para o cidadán, de conformidade co establecido na Lei 30/2007 de contratos do sector público.
Accederá á consulta de anuncios de información previa do Concello de Rodeiro, das licitacións en curso e documentación de interese (pregos, datas de apertura, publicacións en outros medios), das adxudicacións provisionais e definitivas, ou dos puntos de contacto e medios de comunicarse co órgano de contratación.
Ademais disporá dun sistema de alertas polo que poderá recibir gratuitamente no seu enderezo de correo electrónico avisos sobre os novos concursos que se publican na Plataforma.
Para calquera dúbida posee a súa disposición o e-mail: contratacion@rodeiro.gal