XII FEIRA DA VACA RUBIA GALEGA EN RÍO

Por | Novas | Sen comentarios

A principal actividade económica do concello de Rodeiro é a gandería, sobre todo a de vacún, nas súas dúas vertentes, producción de leite e de carne.É o concello con mellores medias no que a dimensión de explotación se refire. En canto ao vacún de carne, Rodeiro vén organizando ano tras ano a FEIRA MONOGRÁFICA DA RAZA RUBIA GALEGA que reúne reses desta raza procedentes do noso concello, doutros colindantes e da provincia de Lugo. Polo número de participantes e a…

Ler máis

Aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria Val de Camba

Por | Novas | Sen comentarios

No Diario Oficial de Galicia núm. 234, correspondente ao día 10 de decembro do corrente, publicouse a Resolución do 22 de novembro de 2012 da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra pola que se anuncia a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Val de Camba. A documentación correspondente estará exposta ao público nas oficinas municipais do Concello de Rodeiro durante o prazo de trinta días. Asemade, a entrega e notificación…

Ler máis

XVIII Congreso Periodipesca

Por | Novas | Sen comentarios

O Concello de Rodeiro celebra, baixo o lema “Rodeiro, de camino a Compostela”, o XVIII Congreso Periodipesca desde o día 29 de abril ó día 3 de maio. Trátase dun acontecemento do periodismo especializado e un evento de rango e prestixio internacional, que conta con un cento de participantes de España e Portugal, entre periodistas, escritores, columnistas, reporteiros e recoñecidos expertos, especializados en temas de caza e pesca, medio ambiente e turismo rural e de aventura.

Ler máis

Festa da Caza 2009

Por | Novas | Sen comentarios

07:30 Copa España de Caza do Raposo 10:00 Pasarrúas a cargo da Banda de música de Agolada e actuación do grupo de baile e gaita de Rodeiro ao longo da mañá. 10:30 Apertura da feira da caza con stands relacionados con productos cinexéticos. 10:30 Sendeirismo.Ruta con camiño de inverno desde a Capela do Faro ata Rodeiro. 11:30 Exhibición de tiro con arco, incluído curso de iniciación para os asistentes. 12:00 Mostra de cetrería. Demostración de caza con aves rapaces. 13:30…

Ler máis

.:: Novas ::.

Por | Novas | Sen comentarios

O Concello de Rodeiro vai asinar proximamente un convenio de cooperación coa Consellería do Medio Rural para a realización das obras denominadas “Mellora da infrastructura viaria de Álceme-Cogal, Maceira-Coto Dante, Mesón-Pedroso e Penerbosa-Mesón”. O importe aproximado das obras ascende á cantidade de 73.724,66 € e será financiado integramente pola Consellería dentro do Programa Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural (PEIM rural) no ano 2008

Ler máis

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2007

Por | Novas | Sen comentarios

Faise público que, en cumprimento da normativa electoral, o Censo Electoral correspondente a este concello estará exposto ao público, para os efectos de consulta e reclamación, no período, lugar e hora que de seguido se indican: Período de Exposición do Censo Electoral: Do día 9 ao 16 de abril Lugar de Exposición: Oficinas municipais (Secretaría) (Pz. da Fonte,2 – Rodeiro) Horario de Exposición: Luns a Venres: de 8:00 ás 14:30 horas Documentación a aportar para os efectos de reclamación: D.N.I.,…

Ler máis