Na sesión convocada polo Sr. alcalde para mañá día 1 de xullo, ás 18 horas da tarde, someterase á aprobación do Pleno do Concello o proxecto de orzamento xeral do Concello para o exercicio de 2008, por importe total, tanto en gastos como ingresos, de 2.388.000,00 €. A desagregación por capítulos atópase na descarga asociada.
O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro martes día 1 de xullo de 2008, ás 18 horas da tarde, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día : 1.- Solicitude á deputación provincial do cambio de destino de…
As listas cobratorias do imposto sobre Bens e Inmobles do exercicio 2008 poranse ó dispor do público nos locais do Concello de Rodeiro, desde o día 1 de xullo ó día 31 de xullo de 2008, ambos inclusive, podendo presentar, no prazo dun mes, desde o 1 ata o 31 de agosto de 2008, ambos inclusive, as reclamacións procedentes perante…
Con data 18 de xuño a Sra. delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria dictou resolución pola que concede ao Concello unha subvención por importe de 154.570,38 € (94.792,38 € no ano 2008 e 59.778,00 € no ano 2009) para o financiamento do proxecto denominado “Humanización da rúa A de Rodeiro”. A cantidade concedida supón o 70 % do…
O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 27 de xuño de 2008, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día : 1.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión…
O vindeiro dia 7 de xullo dará comezo o curso de “aplicacións informáticas de xestión” dirixido a persoas maiores de 16 anos con graduado escolar e que estén inscritas no servizo público de emprego. Os alumnos cobrarán unha axuda mínima de 6€ por día de asistencia, cun periodo de prácticas voluntarias en empresas. Ó remate do curso recibirán un diploma…