Come san para vivir mellor

Por | Novas | Sen comentarios

O Concello de Rodeiro, a través do Programa CONCELLOS SAUDABLES, organiza unha XORNADA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE, baixo o título de Come san para vivir mellor. Esta xornada irase celebrando en tódalas parroquias do noso Concello, pero nesta ocasión son invitados a asistir os veciños da parroquia de San Vicente de Rodeiro. A charla será impartida polos membros da unidade de concellos saudables Rodeiro-Lalín, a nutricionista Vanesa Taboada e a directora do PAC de Lalín Pilar López Carrón. Trataranse temas como…

Ler máis

.:: Festa da Caza 2008 ::.

Por | Novas | Sen comentarios

Encóntrase dispoñible o programa da Festa da Caza 2008. Nas actividades do sábado 12 destacan o XV Campionato Provincial de caza do raposo e as xornadas cinexéticas: ”Nova normativa sobre munición e escopetas e prohibición de cazar en terreos afectados polos incendios” O domingo 13 entre outras haberá exhibición de tiro con arco, degustación gratuíta de tapas de xabaril nos restaurantes e bares de Rodeiro, … + información aquí

Ler máis

XII FEIRA DA VACA RUBIA GALEGA DE RÍO

Por | Novas | Sen comentarios

Á duodécima edición da Feira Monográfica da Raza Rubia Galega, que se celebra na localidade rodeirense de Río, acudiron un total de 104 reses. O bo tempo propiciou una grande afluencia de público ao recinto feiral. A organización estima que a edición deste ano foi a máis concurrida en cuanto a público.Entregaronse quince premios a outras tantas vacas. A gandeiría de Concepción Reija Fernández, de Piedrafita, no concello lucense de O Corgo, foi a máis galardonada, con catro distincións, aínda…

Ler máis

Aprender a coidarme para coidar.

Por | Novas | Sen comentarios

O Concello de Rodeiro, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar; ten previsto comezar a levar a cabo, outra nova serie de obradoiros formativos coma no pasado ano 2010; no vindeiro mes de maio de 2011. Todo elo dentro das actividades programadas dende o departamento de Servicios Sociais, destinadas á promoción e autonomía das persoas maiores, traballando estratexias para o reforzo da súa memoria, acordándonos da dura labor dos familiares coidadores, que tamén precisan de estratexias favorecedoras dun estado…

Ler máis

Cinemas Dixitais: o cinema árabe

Por | Novas | Sen comentarios

O propósito de Cinemas Dixitais é achegar ao público galego produción invisible, obras audiovisuais que non acceden ás plataformas tradicionais de distribución e exhibición. Nos dous primeiros programas este proxecto poñía en contacto co público obras galegas, mais, desde o comezo, non se quería circunscribir unicamente á producción autóctona. Baixo este prisma a Axencia Audiovisual Galega estableceu contacto con organismos similares doutros países para atraer produccións doutras nacionalidades. Na descarga asociada poderán atopar toda a programación de Cinemas Dixitais en…

Ler máis

Bo Nadal

Por | Novas | Sen comentarios

Apreciados veciños: Cando chegan estas entrañables datas de Nadal, todos nos sentimos invadidos por un estado de felicidade, paz e bos desexos. Por iso, desde a corporación municipal de Rodeiro, á que eu represento como alcalde, queremos felicitar este Nadal a tódolos veciños do noso concello, aos que viven nestas fermosas terras de Camba e aos que, por circunstancias da vida, se atopan espallados pola emigración. Tamén desexamos que no vindeiro ano 2008 a semente do amor e da paz…

Ler máis