O clima é marítimo fresco ou mediterráneo moderado. A media anual rolda os 12-13 graos e as precipitacións, exceptuando os dous meses centrais do verán, oscilan entre 1.500-2.000 Lm2 ó ano.
As características do relevo xeran contrastes internos entre a zona de val e o cinto montañoso. Como consecuencia, co incremento da altitude, prodúcese unha considerable reducción das temperaturas e un aumento das precipitacións. Polo tanto, as parroquias orientais do concello, debido á súa maior altitude, caracterízanse por unhas condicións climáticas máis duras.