Usuarios/as: Serán usuarios/as do PAI municipal, os/as menores de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, empadroados no Concello de Rodeiro e que non estean en idade de escolarización no centro educativo.
Prezos: O custo de cada praza será de 90 € ao mes por neno/a que acuda en xormada completa e 50€ en xornada parcial de mañá ou de tarde.
Documentación necesaria para o trámite (orixinal ou copia compulsada):
- Impreso de solicitude asinado (será facilitado nas oficinas municipais e a través da web municipal).
- N.I./N.I.E. do/a solicitante.
- Libro de Familia.
- Xustificación dos ingresos percibidos por tódolos membros da unidade familiar no ano 2016: Declaracións de IRPF e no caso de non tela presentada deberase achegar, preferentemente, certificación negativa e de rendementos imputables expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, ou documentación que xustifique os ingresos totais percibidos.
- Certificado de
- Outros documentos se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables para a baremación: título de familia numerosa, xustificación de ocupación ou desemprego dos proxenitores, situacións de discapacidade, etc.
Para máis información, consultar dúbidas e trámite de solicitudes, achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (Servizo de Educación Familiar).
O prazo para a presentación de solicitudes e documentación necesaria estará aberto dende o vindeiro 3 de xullo ata o día 19 de xullo de 2017 (ambos inclusive).
Adxudicación de prazas: o número de prazas ofertadas é de 19 en cada quenda, sendo adxudicadas en función da maior puntuación acadada no proceso de baremación. En caso de empate na puntuación, priorizarase en primeiro lugar que ambos proxenitores traballen e en 2º lugar a menor renda per cápita da unidade familiar. De existir maior demanda de solicitudes que prazas nalgunha das quendas, as restantes quedarán en en lista de espera.