Skip to main content
Novas

A Consellería de Innovación e Industria concede unha subvención económica para o proxecto denominado “Humanización da rúa A de Rodeiro”

By 25 Xuño, 2008No Comments

Con data 18 de xuño a Sra. delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria dictou resolución pola que concede ao Concello unha subvención por importe de 154.570,38 € (94.792,38 € no ano 2008 e 59.778,00 € no ano 2009) para o financiamento do proxecto denominado “Humanización da rúa A de Rodeiro”. A cantidade concedida supón o 70 % do investimento total da obra que ascende á cantidade de 220.814,83 €. O 30 % restante corresponde á achega municipal.
As obras inicialmente previstas consisten na humanización de 150 metros lineais da rúa, mediante a súa ordenación cunha calzada de pavimento flexible asfáltico cun sentido único de circulación, a instalación de beirarrúas de 2,30 metros de ancho de loseta prefabricada de cemento e aparcamentos en liña a ambos lados das beirarrúas. Asemade inclúese a reposición de todos os servizos urbanísticos afectados (auga, sumidoiros, alumeado, etc.).

Leave a Reply