A xanela do Maxín

Por | Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade o vindeiro venres día 10 de decembro. A compañía “A Xanela do Maxín” representa a obra titulada “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, espectáculo de monicreques e música en vivo. Esta actividade está promovida dentro do programa Tornar ás táboas da Deputación Provincial de Pontevedra.

Ler máis

Inauguración da ampliación da reforma da Biblioteca Municipal

Por | Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Miguel Guido o vindeiro martes 7 de decembro ás 17:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “O lobo feliz”. Narra a historia dun lobiño triste porque a xente prexulgábao e, sen coñecelo, afastábanse del. Crían que era malo e feroz, pero  el só quería que o aceptaran. Espectáculo recomendado para todos os públicos. Tamén se levará a cabo á mesma hora e no mesmo lugar…

Ler máis

Elección do cartel gañador no XI Concurso de Carteis Igualitarios

Por | Novas
Dende esta data e ata o vindeiro día 10 de decembro abrimos o prazo para escoller o cartel gañador do XI Concurso de Carteis Igualitarios. A continuación preséntanse os 16 carteis participantes neste ano 2021. Agradecemos enormemente a cada participante, tanto asociación coma persoas a nivel individual e grupos de mozos e mozas, que adicasen parte do seu tempo a reflexionar sobre a violencia machista e como loitar contra ela. Cada persoa que desexe votar para elixir o gañador simplemente...
Ler máis

O vindeiro xoves 25 de Novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Por | Novas

Dende o Concello de Rodeiro convocamos a todos os veciños e veciñas, asociacións e demais colectivos sociais a unha concentración ás 12:30h. na Praza do Concello en repulsa pola violencia machista. Agardamos a vosa participación para enviar unha mensaxe de unidade e apoio de todo o noso pobo a todas as mulleres que sofren esta problemática: que non están soas, que denuncien. Que contarán co noso apoio. Rematará gardando un minuto de silencio en recordo das vítimas. Así mesmo, queremos…

Ler máis

Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero “Non estás soa, Denuncia”

Por | Novas

Esta semana o Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación de cara a concienciar e loitar contra a lacra da violencia de xénero, cofinanciada pola Deputación de Pontevedra e incluída dentro das actividades do proxecto Equal-Camba 2021. Para a realización da campaña usouse o cartel gañador da X edición do concurso de “Carteis Igualitarios” realizado polos grupos de Máisquedanza de Rodeiro. A súa mensaxe céntrase en axudar ás mulleres que están a…

Ler máis

Xestión emocional en tempos de pandemia dende a perspectiva de xénero

Por | Novas

O pasado 17 de novembro rematou o obradoiro “Xestión emocional en tempos da pandemia dende a perspectiva de xénero”, encadrado dentro do Proxecto de fomento da igualdade e prevención da violencia de xénero Equal -Camba 2021, financiado pola Deputación de Pontevedra. Esta actividade, desenvolta a través da empresa Retnova, estivo dirixida ás traballadoras do servizo municipal de axuda no fogar, ás cales queremos agradecer dende a Concellería de Igualdade e de forma pública a súa participación e implicación na mesma.

Ler máis